[[MyToc]] = !LanguageTool-gl = !LanguageTool-gl é un corrector lingüístico para o galego baseado en regras contextuais que describen erros gramaticais e de estilo. A nivel de palabra advirte tamén acerca daqueles erros que un corrector ortográfico detecta pero non pode resolver, como poden ser castelanismos léxicos ou casos de falsa homonimia. Ademais de galego, !LanguageTool pode corrixir linguas como inglés, francés, español, alemán ou polaco (entre [http://www.languagetool.org/languages/ outras]). == Como podo usar !LanguageTool? == O corrector pode usarse principalmente de dúas maneiras: * Integrado noutras aplicacións, como [OpenLibreOffice OpenOffice.org], [OpenLibreOffice LibreOffice], [http://www.vim.org/scripts/script.php?script_id=3223 Vim] ou [http://wiki.lyx.org/Tools/LyX-GrammarChecker LyX] * De forma independente, como [LanguageToolStandalone programa autónomo]. == De onde podo descargar o programa? == A versión estábel, compatíbel coas últimas versións de !OpenOffice.org e !LibreOffice, pódese descargar da páxina oficial do proxecto: http://languagetool.org/download/LanguageTool-1.9.oxt O ficheiro que se descarga é un OXT preparado para ser engadido a !OpenOffice.org como [http://extensions.services.openoffice.org/resources/user/howto_install extensión]. Tamén pode descargar a última versión de !LanguageTool para uso como [LanguageToolStandalone programa autónomo]: http://languagetool.org/download/LanguageTool-1.9.zip == Máis información == * [LanguageToolErros Tipos de erros que corrixe] * [LanguageToolContribute Como podo colaborar?]