Contidos
Instalar LanguageTool-gl como aplicación autónoma
Para poder utilizar LanguageTool como aplicación independente, o ficheiro que temos que descargar é o mesmo que empregamos para engadir o programa á suite OpenOffice:
Versión oficial:
Versión 1.5 conxelada o 25/09/2011.
Versión en desenvolvemento:
Versión 1.6-dev, que inclúe todas as melloras e solucións a erros introducidos dende o 25/09/2011 até hoxe.
Requisitos
Para poder empregar o corrector necesita ter no seu ordenador unha máquina virtual de Java de Sun (versión 1.6 ou superior). Se non é así, descargue e instale a versión que corresponda ao seu sistema operativo.
- GNU/Linux: instalación mediante o sistema de paquetes da súa distribución ou a versión distribuída por Sun
- Windows: JRE 1.6 para Windows
- MacOS: vén incluído co sistema operativo
Instalación
O ficheiro OXT é en realidade un ficheiro comprimido en formato ZIP, co que para poder utilizalo só deberá descomprimilo.
- En GNU/Linux: pode usar ark, File Roller
- En MacOS: EZ 7z
- En Windows: pode usar 7-zip

