Contidos
LanguageTool-gl
LanguageTool-gl é un corrector lingüístico para o galego baseado en regras contextuais que describen erros gramaticais e de estilo. A nivel de palabra advirte tamén acerca daqueles erros que un corrector ortográfico detecta pero non pode resolver, como poden ser castelanismos léxicos ou casos de falsa homonimia.
Ademais de galego, LanguageTool pode corrixir linguas como inglés, francés, español, alemán ou polaco (entre outras).
Como podo usar LanguageTool?
O corrector pode usarse principalmente de dúas maneiras:
- Integrado noutras aplicacións, como OpenOffice.org, LibreOffice, Vim ou LyX
- De forma independente, como programa autónomo.
De onde podo descargar o programa?
A versión estábel, compatíbel coas últimas versións de OpenOffice.org e LibreOffice, pódese descargar da páxina oficial do proxecto:
Trátase da última versión publicada (1.5.0, conxelada o 25/09/2011), co que non inclúe os cambios e melloras realizados dende a súa publicación até o día de hoxe.
Porén, é tamén posíbel descargar a última versión en desenvolvemento coa versión máis actualizada das regras e recursos para o galego:
En ambos os casos o ficheiro que se descarga é un OXT preparado para ser engadido a OpenOffice.org como extensión. Porén, este ficheiro serviranos igualmente se queremos utilizar LanguageTool como programa autónomo.
